4 ¿Onde vivir? ¿Campus o off-campus? Dependendo da Universidade, haberá plans interesantes en dorms (residencias) para graduados ou non. Normalmente nun dorm socialízase máis con outros estudiantes e queda máis preto da universidade, mentres que nun apartamento poderás ter unha vida máis independente. Para buscar apartamento, as universidades adoitan ter unha off-housing office, onde se pode recoller información interesante de apartamentos privados dispoñibles. Tamén hai moitos anuncios na prensa gratuíta local, como no Village Voice de Nova York, ou na prensa regular. Se fas un contrato de aluguer, asegúrate do que asinas, das condicións para pagar e dos compromisos que contraes. Normalmente estes contratos son por doce meses e hai que deixar un depósito de un ou dous meses de fianza. Os prezos dependen moito da zona xeográfica onde vaias vivir. Manhattan, en Nova York, é das zonas máis caras para vivir, con prezos que probablemente non baixarán dos $1.400 por un apartamento. No lado oposto está o Medio Oeste (Oklahoma ou Kansas), onde poderás aluga-lo mesmo estudio por menos de $500. Outra modalidade bastante estendida nalgunhas cidades é a do subleasing, na que alugas a alguén que á súa vez ten alugado o apartamento. Esta pode ser unha solución axustada, pero debes asegurarte que é legal. Existe tamén a opción de usar unha axencia de real estate (ou realtors), onde che cobran unha comisión ó formalizar un contrato, pero na que te aseguras que vas ver bastantes pisos e podes facerte unha idea do mercado. Por último, o máis normal é compartir piso con roommates, xa que así se comparte o prezo do aluguer. Para ter unha inmersión cultural máis profunda, ter un roommate americano é unha boa idea. Así e todo, hai quen prefire ter compañeiros españois ou europeos. De tódolos xeitos, se non tes arranxado o tema do apartamento ó chegar ó teu destino, aquí tes uns consellos:
|