4 Visado Coa bolsa da Fundación obtense un visado J1. Normalmente a entidade que patrocina o visado é o IIE (Institute of International Education). A súa persoa de contacto cos bolseiros da Fundación é Patricia Link. Para consegui-lo visado, hai que escribir ou ir á Embaixada de Estados Unidos en Madrid. A documentación necesaria para solicitar ou renova-lo visado e que tedes que presentar na embaixada norteamericana é a seguinte:
Ás veces a algúns bolseiros devólveselles toda esta documentación, indicando que falla un certificado do patrocinador, no que se faga consta-la dotación da bolsa. Pero non cómpre un certificado noso, xa que o que cobre a bolsa figura no IAP66 que envía o IIE, polo que se fai innecesaria unha certificación nosa. Ademais do J1, existe outro visado para estudiantes sen bolsa (F1). As diferencias entre eles non son moitas, e delas podemos destacar dúas:
Pódese conseguir máis información sobre visados para non inmigrantes na Embaixada americana ou nesta outra da Secretaría de Estado dos Estados Unidos. |