7
Cómo viaxar dentro de Estados Unidos sen gastar moito

É unha boa idea ter un carné de conducir do estado no que residas. Estas licencias son baratas e doadas de conseguir. Incluso existe a posibilidade de facer un exame teórico en español ou portugués. Ademais tendo o carné de conducir aseguras unha ID máis respectada que o propio pasaporte en tódolos comercios e servicios e evítache calquera problema á hora de alugar coches. Tamén pódense arrendar co carné de conducir español, pero vas ter que contestar máis preguntas e non é tan doado.

Legalmente, ademais de quita-la licencia do estado, hai que obte-la International Driver License (IDL), antes de vir aquí. Este documento, que custa entre cinco mil e seis mil pesetas, caduca nun ano e, despois, require saca-lo carné no estado no que se reside.


1. Aluguer de coches

Os prezos dos alugueres de coches varían moito pola zona xeográfica, mesmo dentro da mesma cidade, aínda que nun principio adoitan ser máis caros en Nova York ou Boston e máis baratos no Medio Oeste. Alugar un coche fóra do aeroporto adoita ser máis barato, xa que hai taxas de aeroporto, que pode encarecer entre un 12 e un 15 % o prezo final.

Outros gastos extra son os seguros para o propio coche e para terceiros. Algunhas tarxetas de crédito cobren estes seguros (como por exemplo American Express), polo que non os terás que pagar. Debes informarte sobre se a túa tarxeta de crédito cobre os seguros dos coches alugados.

As grandes compañías como Hertz, Avis, Alamo ou Dollar teñen un servicio eficiente de reserva en liña. Estas empresas son máis caras que as pequenas compañías locais, pero tamén teñen unha maior seguridade e cobertura en caso de problemas. Ademais a maioría ofrece grandes descontos para fins de semana.


2. Voos domésticos

Os voos en Estados Unidos, en contra da opinión popular, non son baratos. A tarifa media para voar de costa a costa (ida e volta) son ó redor de 500 dólares. Pero buscando a fondo e cunha pouca de sorte, pódese atopar praza no mesmo avión por pouco máis de $200. Para isto, vai ás axencias de viaxes para estudiantes, subscríbete ós servicios de información por correo electrónico das liñas aéreas, que envían semanalmente ofertas moi interesantes ou compra con moita antelación.


3. Tren e autobús

A maior compañía de tren, Amtrak, é cara e ten un servicio xeograficamente limitado ás dúas costas, aínda que é bastante rápido. Tamén hai moitas liñas rexionais, de propiedade pública, que son máis lentas, pero moito máis baratas que Amtrak.

Greyhound é a maior compañía de autobús norteamericana. Aínda que non é moi cómoda, é bastante barata, sobre todo tendo en conta as inmensas distancias.


4. Outras formas non convencionais

Unha variante de aluguer é o driveaway, co que se conduce un coche dun sitio a outro en nome do propietario. Aplícanse as mesmas normas que no aluguer, pero se debe revisa-lo coche antes de collelo, para evitar facer reparacións. Existen prazos de entrega do coche, polo que se deben percorrer unhas 400 millas ó día.

O autostop (hitch-hicking), polo xeral, non está ben visto e é moito menos común que en Europa.


5. Unha boa forma de enterarse das ofertas de viaxes é na rede, onde AXENCIAS como Biztravel, One Travel, Vacationweb, Expedia e Webflier colocan as súas mellores ofertas.


6. En calquera librería atópanse moitas guías de viaxe. Unhas boas guías con moitos títulos para xente xoven son as Rough Guides ou as Lonely Planet. Todas pódense conseguir nas grandes tendas de Internet, tipo Amazon, Booksamillion, bn.com, buy.com, etc. Outras guías sonadas son as Guías Verdes de Michelín, as Let's Go ou as Frommer's.