1 Transporte de mercadorías Á hora de volver, sempre se presenta o problema de cómo traer a Galicia tódalas cousas que levamos e as que acumularamos durante a nosa estadía en Estados Unidos. Aínda que hai varias empresas adicadas a este transporte, algúns de vós non tivestes moi boas experiencias con elas. Aínda que se o queres intentar, aí quedan os seus datos máis importantes: En correos a cousa sería envialas por M-Bags, onde teñen establecido un peso máximo de setenta libras por caixa e un custo de 0,70 dólares por libra. O tempo de entrega sería de entre oito e doce semanas. Podedes atopar máis información en http://www.usps.gov. A empresa americana Cunha International, levada por xente galega non ten moi boas referencias. Eles ofrecen entrega-las túas caixas en Galicia nun mes, a un prezo de 18 dólares por pé cúbico porta a porta (independentemente do peso) e de $12 por pé cúbico se fas ti mesmo os trámites e recólle-las caixas no peirao. Uniword Cargo é unha empresa que empaqueta as túas cousas (se o fas ti é máis barato) e méteno nun colector. Este sistema tarda máis dun mes en chegar. |