5
Tarifas telefónicas baratas

Chamadas locais :

Normalmente existe un monopolio e terás que contratar estes servicios coa telefónica que haxa na túa zona. Son compañías que soamente proporcionan a infraestructura e as chamadas locais, pero non as chamadas de longa distancia. As chamadas locais son gratuítas ou moi baratas na maioría dos Estados Unidos, e cando cobran algo, ten tarifa plana, polo que o seu custo é independente do tempo falado.


Chamadas de longa distancia:

Hai tres ou catro grandes operadores en USA: AT&T, MCI-WorldCom, e Sprint, que teñen unha serie de promocións e descontos con caducidade. É moi recomendable apuntarse a elas, xa que son moito máis baratas cá tarifa base. Polo tanto débese visita-la páxina web delas con frecuencia e chamar ó costumer service para solicita-la promoción pertinente.

Outra alternativa é utiliza-los 1010-xxx, que son como os prefixos que hai en España para conectar cun operador telefónico, tipo Retevisión ou Aló. Estes prefixos serven tanto para longa distancia coma Internacional.


Calling Cards:

Adicionalmente ós operadores de longa distancia están proliferando as calling cards, con prezos moi baixos por minuto, pero cun custo de conexión elevado (ó redor de un dólar), polo que hai que calcular primeiro se compensa ou non.

Lembra tamén que os números 1-800 son gratuítos (como os 900 de España).