18 Tabaco Fumar está normalmente bastante mal visto nos Estados Unidos, e en moitos sitios está totalmente prohibido: sistemas de transporte colectivo, aeroportos, en case tódalas liñas aéreas, oficinas e tódolos edificios públicos en xeral. Por iso é moi normal ver xente en pleno inverno fumando nos portais dos grandes edificios de oficinas. En moitos restaurantes hai áreas reservadas para os fumadores, algo que tamén ocorre en coches de aluguer ou habitacións de hoteis. Así e todo, hai moitas clases de tabaco, que adoitan custar ó redor de $2,5 por caixiña de 20 cigarros. O tabaco negro é pouco frecuente en Norte América. |