3
Subsidio do emigrante retornado

España ofrece ós españois que traballasen no estranxeiro, renuncien ó paro no país de orixe e atópense en situación de desemprego, o chamado subsidio do emigrante retornado. É unha axuda durante 18 meses, que consta do 75% do salario mínimo; actualmente, significa recibir algo máis de 50.000 pesetas ó mes.

O tempo de cotizacion para conseguir este subsidio aumentou moito ca reforma de abril de 2002; informádevos previamente a facer a solicitude no INEM.

Para solicitar este subsidio hai que dar varios pasos pola intricada burocracia española, a saber:

Enviar á Oficina laboral da Embaixada Española en Washington a seguinte documentación:

  • Carta do teu traballo indicando as datas de traballo e o posto ocupado.
  • Impreso da SSA indicando a contía dos impostos pagados.
  • A baixa consular, que che dan no consulado español.


Cando chegues a Galicia tes dúas semanas para inscribirte nas oficinas do INEM e un mes para ir á oficina de Inmigración (situada en A Coruña), coa carta que che dean na oficina laboral da embaixada, para que che dean outro papel, que á súa vez tes que entregar no INEM.

Aparte, lembrar que se pagades Social Security Taxes (despois do Practical training), tedes dereito a que o diñeiro que cotizastes trasládese á Seguridade Social española.