2
Seguros Médicos

A bolsa da Fundación inclúe seguro médico. Poderás escoller entre o da túa Universidade ou o do IIE (Institute of International Education). De calquera forma, debes informarte dos custos que terás que abonar. Nalgúns casos hai copayments (nos que o paciente terá que asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe de gasto total) ou unha porcentaxe a pagar en casos de uso de fármacos, radiografías, probas médicas, etc.

De tódolos xeitos, e para os primeiros días, unha boa idea sería levar un seguro como o do ISIS/TIVE, porque o custo dos servicios sanitarios en EE.UU. son moi elevados. Un día de hospitalización custa máis de 1.000 dólares e unha operación pode saír por máis de 10.000. Outra opción para os primeiros días é un seguro da tarxeta VISA, MasterCard, etc.

Se estás tomando unha medicación continuada, recomendamos que leves cantidade suficiente para varios meses, porque ás veces non é doado consegui-lo mesmo fármaco en EE.UU. sen pasar por médicos ou clínicas.