20 Seguridade e policía Os Estados Unidos teñen sona de ser un lugar violento, con todo o mundo levando pistola desde que ten cinco anos de idade. O certo é que fóra dos grandes núcleos urbanos, o crime violento é moi infrecuente, e mesmo en cidades como Nova York, Los Angeles ou Boston, o crime está baixando a niveis europeos. De noite, en cambio, algunhas zonas non son nada recomendables. En xeral, se se ten coidado, un sabe onde se mete e ten sentido, non adoita haber problemas. Se es víctima dun roubo, o primeiro que tes que facer é contactar co 911 (teléfono de emerxencias) para presenta-la denuncia pertinente. A policía (cops) pertence a un grande número de organizacións locais, do condado, estatais e federais. Ademais nas grandes cidades adoitan ter un departamento de policía propio(NYPD, LAPD, etc.). A escala estatal están os Highway Patrol e os State Troopers, que son os que poñen as multas nas estradas. |