6
¿Qué roupa levar?

A roupa que leves dependerá do estado no que vaias vivir, xa que as zonas climáticas de Estados Unidos son tan variadas coma as de toda Europa. O mellor é que leas na web da túa Universidade o que di sobre o clima e que lle botes unha ollada ó tempo que dan os servidores Underground e The weather Channel ou ó de Nova York, se estás na súa zona de influencia.

De todas formas, a roupa tende a ser máis económica en Estados Unidos, ou polo menos hai maiores posibilidades de ofertas e bos prezos. O modo de vestir americano é moi informal (malo segundo moitos españois, casual segundo os americanos). En verán é normal ver a xente de camiseta e pantalón curto. No inverno jeans e xerseis ou suadoiros.

Como ben saberedes, as temperaturas están en graos Farenheit. Para convertelos en centígrados hai que restar 32, multiplicar por 5 e dividir por 9. O proceso é á inversa para pasar de centígrados a Faranheit: multiplicar por 9, dividir por 5 e engadir 32.

Por último, lembrar que soamente poderedes levar dúas maletas no avión, maila equipaxe de man.