1
Rexistrarse no consulado ou embaixada de España

É obrigatorio rexistrarse no consulado ou embaixada dentro dos quince días seguintes á chegada ós Estados Unidos. Pero ademais é interesante estar rexistrado polas seguintes razóns:
  • Para renovar ou reemplazar un pasaporte no día (se non se está rexistrado tárdase moito máis).
  • Levar de volta a Galicia as cousas que comprases en Estados Unidos como un coche, un ordenador, …
  • Solicita-lo subsidio do emigrante retornado, se estiveches traballando e volves a Galicia.
  • Votar por correo.
  • Varios consulados envían boletíns culturais mensuais, con listados da actividade cultural española.
  • Poden chamarte para algunha recepción na embaixada ou consulado.


Durante o primeiro ano estarás rexistrado como transeúnte. Despois dese ano, o status cambia a residente ( a ollos da administración española, pero non da americana). O cambio de status a residente é responsabilidade do estudiante.

Hai Embaixada de España en Washington e consulados en Nova York, Boston, Los Angeles, Chicago, Houston, Miami, Nova Orleáns, San Francisco e Puerto Rico. Convén lembrar que os consulados normalmente só abren pola mañá.

Outros lugares importantes, se vas á zona leste, son os centros españois na circunscrición consular de Nova York.

Por outra banda, convén quita-lo Social Security Number (SSN) canto antes, xa que este número será pedido para abrir unha conta no banco, quita-lo carné de conducir, etc.