10 Prensa e outra información En Estados Unidos non existía un diario nacional (sen contar ó Wall Street Journal, de información financeira) ata que nos anos 80 apareceu o USA Today, que é un periódico con moita color, pero pouco contido editorial. Os mellores xornais son o Washington Post e oNew York Times. Pero a meirande parte dos americanos prefiren a prensa local, podendo atopar en tódalas cidades alomenos un periódico con boa información local e deportiva, pero moi pouca información internacional. Ademais, case tódalas localidades contan con medios de distribución gratuíta, dispoñibles en máquinas expendedoras, en tendas ou en cafés. Son unha boa fonte de información sobre bares, concertos, restaurantes, actos culturais, etc. |