5 Información sobre Universidades O sistema universitario norteamericano é moi distinto ó que se coñece en España. Moito máis aberto e participativo, ten como lema prohibido non preguntar. Explícase así a forma de concibi-las universidades en Estados Unidos. De feito, moitas páxinas web adícanse a analiza-la situación destas institucións académicas, e mesmo teñen numerosos ránkings nos que valoran as mellores universidades americanas. Na sección de enlaces podedes atopa-las guías máis populares e con mellor información sobre o seu sistema de estudio. |