5
Homologación e revalidación de títulos

A homologación é necesaria en caso de proseguir estudios en España. Así e todo, para traballar nunha empresa soamente é necesaria a revalidación.

Nesta páxina de homologación encontrarás unha información moito máis detallada. Nela,indícanse os pasos a seguir:

  1. Instancia de homologación por triplicado, a entregar en calquera dos servicios de alta inspección do estado, que aparecen nesta páxina.

  2. DNI, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo de nacionalidade.

  3. Título orixinal ou, en substitución, un certificado orixinal, legalizado e traducido.

  4. Certificación académica da universidade constando a duración dos estudios, en anos académicos e tamén as materias cursadas en cada un deles, coa correspondente legalización e traducción.

  5. Para títulos de doutor, hai que entregar tamén:
    1. Memoria explicativa da tese realizada, redactada en castelán, así como un exemplar da mesma con indicación dos membros que compuxeron o xurado da mencionada tese e a cualificación obtida.
    2. Fotocopia compulsada do título de licenciado, se este foi obtido nunha universidade española, ou credencial acreditativa da súa homologación, se foi obtida nunha universidade estranxeira.

  6. A documentación específica dos apartados tres e catro poderán completarse cun curriculum académico e científico do solicitante, cos programas correspondentes das materias, nas que se reflicte o contido e amplitude en que foron cursadas (para maior comprensión ve-lo artigo 6 do R.D. 86/1987 do 16 de xaneiro e o artigo 3 da Orde de 9 de febreiro de 1987).

  7. Legalización de documentos. Tódolos documentos públicos expedidos no estranxeiro teñen que presentarse legalizados vía diplomática. Para a legalización dos documentos dos países acollidos ó Convenio de A Haia, como é o caso de Estados Unidos, requírese que a autoridade competente do estado onde son expedidos (neste caso, o Secretario de Estado) poña a correspondente apostilla, procedemento de legalización abreviado que debe figurar nos documentos orixinais.

    Para máis información sobre este procedemento de legalización e as taxas correspondentes para levalo a cabo, convén ir a Hague Convention Abolishing the Requirement of Legalization for foreign public documents.

  8. Traducción de documentos. Tódolos documentos que non estean redactados en castelán, teñen que ir acompañados da súa traducción oficial, que poderá realizarse en calquera dos seguintes organismos:
    1. Na representación diplomática ou consular de España no estranxeiro.
    2. Na representación diplomática ou consular do país do que proceden os documentos en España.
    3. Na representacións da UNESCO, Instituto de Cooperación Iberoamericano ou outros organismos oficiais recoñecidos en España.
    4. Por traductor xurado debidamente inscrito e autorizado en España.

  9. Compulsa de documentos. Os documentos orixinais previamente legalizados e traducidos, agás do título ou certificado substitutorio do mesmo, poderán presentarse xunto a unha fotocopia deles e serán devoltos ós interesados unha vez estendida a dilixencia de compulsa nas dependencias destes servicios de alta inspección. Se as fotocopias estivesen xa cotexadas e legalizadas ante notario español ou polas representacións diplomáticas de España no país de onde procedan os documentos, non será necesaria a presentación simultánea do orixinal.