12
Fútbol

Os resultados dos equipos de fútbol españois pódense seguir en tempo real na web Sportec unha páxina con bastante información.

O Correo Galego ten información diaria do Compos, La Voz de Galicia e Canal Deportivo, do Deportivo, e Faro de Vigo, do Celta. Ademais, a Radio Galega, emite diariamente en internet co programa Real Audio Player. Outras emisoras que emiten son a Cadena SER, Onda Cero, a COPE e Radio Exterior de España (RNE). Esta última tamén se pode escoitar en onda curta.

Nalgunhas localidades poden verse os partidos máis importantes por TV. En Boston, nalgúns bares de North End, en El Caffe dello Sporto (Hanover St. con Prince) e o Café Paradiso (Hanover St.). En Nova York, case tódolos bares do distrito galego de Newark poñen os partidos os sábados e domingos. Ademais, en Queens e Manhattan, moitos bares de emigrantes tamén os retransmiten.

Durante a pasada tempada, a exclusiva da liga española tíñaa ESPN2 (que ofrece unhas setenta canles de cable por uns $40), pudendo ver por cable algúns partidos.