17
Electricidade e aparellos eléctricos

A tensión é de 110 voltios, de corrente alterna, e a frecuencia tamén é distinta á galega, polo que en Estados Unidos non se pode utilizar certos aparellos eléctricos mercados aquí.

Os enchufes tamén son distintos, así como o sistema de televisión, polo que unha cinta de vídeo gravada aquí terá que ser convertida ó sistema de alá (un proceso pouco frecuente e, por iso, caro). Polo tanto, é mellor non levar nin televisores nin VCRs.

Moitos sintonizadores de radio FM tamén son distintos (só sintonizan as frecuencias impares: 98,9 FM, 99,1 FM, ... pero non 99,0 FM).

Para o regreso, pódense mercar transformadores de corrente (entre 1.500 e 5.000 pesetas, en función da potencia). En Estados Unidos podes intentalo nos RadioShack.