1
¿Cómo levar diñeiro os EE.UU.?

O máis recomendable é levar unha tarxeta VISA ou similar (MasterCard, American Express); pode ser que algun caixeiro non acepte as 4B, da Rede 6000 ou de Servired, aínda que esto pasa cada vez menos. Hai moitos caixeiros automáticos (chamados ATMs ou Automatic Teller Machines), que normalmente cargan unha comisión que varía en función do banco (entre $1 e $2), se a tarxeta non é emitida por el. Tamén adoita haber unha comisión por parte da entidade de crédito. Por isto mesmo, resulta máis barato quitar moito diñeiro poucas veces.

Non recomendamos levar moito diñeiro en efectivo, aínda que si algo para os primeiros días (cambio de taxi, propinas,...). Se se quere levar diñeiro para ingresar nun banco, é unha boa idea levar cheques de viaxe ou cheques persoais ó teu nome en dólares.

Fóra das grandes cidades é case imposible cambiar diñeiro e, normalmente, ofrecen peor cambio que o que se obtén en Galicia.