13 Correo Unha carta normal enviada a Galicia custa 0,60 dólares, e tarda en chegar entre cinco e oito días. Tamén hai sobres prepagados de International Priority Mail, que custan uns $5 o pequeno e uns $10 o grande (tamaño folio). Máis información en http://ircalc.usps.gov/ Entérate canto antes do teu ZIP code (o código postal americano), ou as cartas non che chegarán. Este código ten cinco cifras + catro (por exemplo: 12345+1234). As empresas de mensaxería MRW teñen un Plan ForUn, consistente en que ofrece un envío gratuíto de documentos de ata dous quilos ó mes, sempre e cando o destinatario sexa un estudiante español no estranxeiro e resida nun colexio maior ou residencia universitaria. |