3 Tarifas telefónicas baratas Chamadas locais: As chamadas locais son algo máis caras que en Galicia. Así que se non tes unha tarifa plana para utilizar Internet resultará bastante caro. Algunhas compañías de servicio de Internet ofrecen chamadas de Internet gratuítas. Por exemplo, con pagar unha subscrición de 20 libras e gastar cinco ó mes en chamadas, mantendo a liña do operador principal (normalmente BT ou Cable & Wireless) e marcando un prefixo da operadora Quip, que ten tarifas locais e internacionais moito máis baratas que as de BT, pódese utilizar Internet todo o tempo que se quere sen pagar nada máis. Chamadas de longa distancia: A mellor alternativa é establecer unha conta cunha operadora de desconto, que non require cambiar de liña ou número, como ocorre en España con Retevisión ou Aló. As principais operadoras de desconto son Alpha Telecom, Quip e One Tel, que xeralmente cobran entre seis e oito peniques o minuto por chamar a Galicia. Tamén se poden utilizar con teléfonos móbiles. Moitas delas tamén ofrecen tarxetas que permiten facer chamadas baratas desde outros teléfonos e desde outros países. Teléfonos móbiles: As cinco operadoras de telefonía móbil do Reino Unido son (por orde da súa cota de mercado): Vodafone, BT Cellnet, One2One, Orange y Virgin. Hai pouca diferencia entre elas, aínda que BT Cellnet é a que provoca un maior número de queixas e Virgin, sendo algo virxe no mercado, ten a peor cobertura, pese a ser probablemente a máis barata. Os teléfonos pre-pago e sen contrato tamén están bastante solicitados no Reino Unido e véndense en todo tipo de tendas. Cibercafés: Hai cafeterías e bares con Internet gratis para todo Londres. O sitio máis barato é a cadea de grandes centros de Internet, Easyeverything, con centros de 24 horas en Trafalgar Square, Kensington High Street, Tottenham Court Road e Oxford Street Estes centros cobran unha libra por hora e tamén ofrecen servicios de impresión. |