|
O tempo de cotizacion para conseguir este subsidio aumentou moito ca reforma de abril de 2002; informádevos previamente a facer a solicitude no INEM. Para
solicitar este subsidio hai que dar varios pasos pola intricada burocracia
española, a saber:
Cando chegues a Galicia tes dúas semanas para inscribirte nas oficinas do INEM e un mes para ir á oficina de Inmigración (situada en A Coruña), coa carta que che dean na oficina laboral da embaixada, para que che dean outro papel, que á súa vez tes que entregar no INEM. Aparte, lembrar que se pagades Social Security Taxes (despois do Practical training), tedes dereito a que o diñeiro que cotizastes trasládese á Seguridade Social española. |