17 Seguridade e policía Durante o día, a maior parte de Londres é segura. En troco, de noite algunhas zonas non son nada recomendables. En xeral, se se ten coidado e un sabe onde se mete, hai poucos problemas. Se se é víctima dun roubo, o primeiro que hai que facer é contactar ó 999 (teléfono de emerxencias) e presentar a denuncia. Haberá que contactar co consulado para solicitar un pasaporte temporal, cancelar as tarxetas de crédito e, incluso, cambiar as pechaduras das casas ou os coches. Londres ten a súa propia forza de policía metropolitana (METROPOLITAN POLICE) que se encarga da maioría de cuestiones de seguridade. |