6
¿Qué roupa levar?

O país en xeral é uns graos máis frío que Galicia. Necesítase roupa para a choiva e o frío, especialmente no Norte, mentres que o clima do Sur é máis suave.

A moda, como noutras partes de Europa, non é moi diferente. As zonas de Oxford Street teñen unha maior concentración de grandes tendas de roupa, xeralmente a prezos económicos, como Mango, Zara, Benetton, Top Man, Top Shop, Hennes & Mauritz, etc. Os mercados de Portobello (tódolos sábados) e Camden (tódolos domingos) son bos sitios para atopa-las últimas modas a prezos de ganga.

Debe lembrarse que soamente se poderán levar dúas maletas no avión, e maila equipaxe de man.