7 Prensa e outra información Os principais xornais son o diario liberal The Guardian, a súa clásica versión dominical The Observer, o prestixioso Times e o monárquico Telegraph. Os diarios máis populares son os tabloides que están cheos de novas escandalosas, conteñen poucas novidades internacionais e a cotío son xenófobas, especialmente cando hai algún partido de fútbol. The Sun aínda leva cada día a sonada imaxe de unha chica en topless na páxina tres. The Mirror é tradicionalmente laborista,pero cada vez o é menos. Con The Express son unha mestura entre os tabloides e os máis prestixiosos broadsheets (literalmente follas anchas, debido ó seu tamaño). Os periódicos da fin de semana poden consistir en máis dunha ducia de suplementos e revistas sobre televisión, cultura, literatura, viaxes, economía, novas, empregos, finanzas persoais, etc. O xornal máis popular dos londinenses é o vespertino Evening Standard e o gratuíto Metro, que se distribúe nas estacións de metro polas mañás. No centro da cidade é moi doado conseguir prensa española: El País, ABC y Marca. |