1
Papeleo
Antes
de regresar a Galicia terás unha morea de formalidades que cumprir,
entre as que destacan:
- Proporcionar á túa Universidade o enderezo onde vas
vivir, para que che envíen o título ou calquera outra
comunicación.
- Contactar coas compañías telefónicas, de electricidade,
etc. para cancela-lo seu servicio.
- Cancela-la conta do banco e das entidades emisoras de tarxetas de
crédito.
- Pedi-la baixa consular, en caso de que volvas a España, ou
pedir que che trasladen a documentación a outro consulado se
vas vivir fóra de España.
- Pedirlle ó propietario a túa fianza, se deixaches
algún depósito.
- Cancelar ou facer cambios coas revistas e servicios ós que
esteas subscrito.
- Empezar a enviar caixas coas túas cousas por correo ou compañías
privadas, xa que tarda como mínimo un mes.
- Vender mobles, libros, o coche e demais cousas que non vaias levar
contigo de volta a casa.
|