13
Pesos, medidas e velocidades

Os pesos e medidas se expresan no sistema Imperial e no métrico.

Normalmente non terás ningún problema coas diferencias, unha vez que a maioría da xente (agás a maior) coñecen os dous sistemas e as etiquetas dos productos tamén utilizan as dúas.

Medidas de lonxitude:

1 polgada (inch) = 2,54 CM.
1 pé (foot) = 30,48 CM. Máis ou menos, 3 pés son un metro.
1 iarda (yard) = 0,9144 m. Aproximadamente, 1 iarda é un metro.
1 milla (mile) = 1.606 km.



Medidas de peso:

1 onza (ounce) = 28,35 gramos.
1 libra (pound, lb) = 453,6 gramos (máis ou menos, duas libras é algo menos dun quilo)


Medidas de volume:

1 onza líquida = 2,957 centílitros
1 cuarto (quarter) = 0,9463 litros (case un litro)
1 galón (gallon) (normalmente de leite ou gasolina) = 3,785 litros


Velocidade:

65 millas/hora (límite normal nas autoestradas) = 104 km/hora>
55 millas/hora (límite normal nas estradas) = 88 km/hora

o signo da coma no reino unido é un punto (34,4 son 34.4) e o punto unha coma (milleiro catrocentos quince con cinco serían 1,415.5).

Un billón non é un millón de millóns, como en Galicia, senón un milleiro de millóns ou un millardo.