9 Fútbol Os resultados dos equipos de fútbol españois se poden seguir en tempo real na WEB. Sportec é unha páxina con bastante información. O Correo Galego ten información diaria do Compos, La Voz de Galicia e Canal Deportivo, do Deportivo, e Faro de Vigo, do Celta. Ademáis, a Radio e Televisión de Galicia,emite diariamente en internet co programa Real Audio Player. Outras emisoras que emiten son a Cadena SER, Onda Cero, a COPE e Radio Exterior de España (RNE). Esta derradeira tamén se pode escoitar en onda curta. Se poden ver partidos de TV en SKY SPORTS 2, un canle de deportes de pagamento. Os partidos dos domingos de Canal + se poden ver en varios bares, como o Bar Lorca, 175 Stoke Newington High Street, 020 275 8659. O Deportivo da coruña ten duas "peñas" en Londres: 99 Frampthon Street. Restaurante Don Pepe London Nw8 - 8na, Inglaterra Tfno: 00 4471 262 38 34 Peña Super Depor de Londres Holloway-Road, 537-539 Porto Novo Restaurant London nº 19 Tfno: 00 44 171 37031 Londres ten varios equipos de fútbol, entre os que destacan Arsenal, Chelsea, West Ham e Tottenham. |