1 ¿Cómo levar diñeiro ó Reino Unido? O máis recomendable é levar unha tarxeta VISA ou similar(MasterCard, American Express), pero non unha 4B, da Rede 6000 ou de ServiRed, xa que normalmente non son aceptadas no Reino Unido. Hai moitos caixeiros automáticos (chamados ATMs ou cashpoints), en bancos, tendas e gasolineiras. Os bancos principais son HSBC, Barclays, Lloyds TSB, Abbey National e Nationwide, que é o meirande dos building societies (bancos hipotecarios mutuais). Normalmente adoita haber unha comisión por parte da entidade de crédito. Por isto, resulta máis barato quitar moitos cuartos poucas veces. Non recomendamos levar moito diñeiro en efectivo, aínda que si algo para os primeiros días (cambio para o taxi, propinas,...) Se quere levarse diñeiro para ingresar nun banco, é unha boa idea levar cheques de viaxe ou cheques persoais ó teu nome, en libras. As tendas de cambio (Boureau de Change) adoitan cobrar bastante para cambiar pesetas por libras ou viceversa. Aínda que algunhas proclaman non cobrar comisións, farano en lugar de dar unha peor taxa de cambio. A maneira máis barata de cambiar diñeiro é mantelo nunha conta dun banco español que teña sucursal en Londres e logo retiralo en libras cando che faga falla, aínda que na oficina de Caixa Galicia, por exemplo, custa 7 libras por cada operación. Deste xeito, o diñeiro pódese ingresar en Galicia e retiralo no Reino Unido. A vantaxe é que os bancos utilizan as tarifas de cambio de Interbank, que son ata un 5 % mellor que as que ofrecen as tendas de cambio. Os
seguintes bancos teñen sucursal en Londres: Caixa Galicia: Hans Place (al lado de Harrods), Knightsbridge Banco Pastor: 5 Victoria Station House 191 Victoria St London SW1E5NE Tfno. 020 7630 8955 BBVA: 142, Brompton Rd, London SW31HY Tfno. 020 7225 2415 |