10
Correo

Unha carta normal enviada a Galicia custa 37 peniques. Os selos normalmente non levan nin seu valor nin o nome do país, así que un selo para unha carta a Europa leva unha E e un 1 ou un 2, segundo sexa de primeira ou segunda clase. Unha carta tarda entre tres e cinco días en en chegar. O servicio de correos (Royal Mail) tamén é a mellor maneira de enviar paquetes.