2 Banco É recomendable abrir unha conta nun banco local tan pronto como sexa posible. Manter unha conta corrente no Reino Unido require un documento de identificación (pasaporte, DNI ou carné de conducir) e dúas probas do enderezo (facturas ou cartas da Universidade). Manter unha conta corrente no Reino Unido é moi barato e moita xente ten dúas ou tres, xa que non se cobra unha tarifa anual ou cargos parecidos. Ademais dos bancos tradicionais, tamén hai varios bancos que operan exclusivamente na rede e que ofrecen diversos servicios: Egg: O banco na rede do grupo asegurador Prudential, que ademais ten unha tarxeta de crédito que lle devolve un efectivo do 1% de todo o que se gasta nela. Smile: O banco en Internet de Co-op Bank, cunha póliza de investimento ética e de altos intereses nas contas de aforro. Cahoot: O banco de Abbey National en Internet. First-e: A división británica do Banco de Internet do BBVA (Uno-e). |