4
Billetes de avión para Galicia

Os prezos para voar en Nadal a Galicia son bastante caros (entre 170 e 350 libras en 1999), así que o mellor é reservar con moita antelación, mesmo en setembro.

Iberia y Air Europa son as tres compañías que operan entre Galicia e o Reino Unido e nelas pódese atopar máis información de utilidade para oganiza-la viaxe canto antes. Ademais hai axencias especializadas en viaxes para estudiantes, como STA Travel
, onde se conseguen os billetes a prezos reducidos. Outras axencias xa están acostumadas a tratar coa comunidade galega de Londres, como:

Spanish Aviation Services, 72, Lupus St London SW1V 3EJ Tfno: 020 7821 5801

Spanish Travel Service, 138, Eversholt St, London NW1 1BL Tfno: 020 7387 5337

Portugalicia, 110b, Ladbroke Grove, London W10 5NE Tfno: 020 7221 0333

Voar ata Porto é outra opción interesante pola súa proximidade e porque máis compañías (KLM, Sabena, British Airays, Swissair, Lufthansa, TAP, ...) ofrecen un maior número de voos. Mesmo algunhas empresas ofrecen servicio de taxi ata Galicia desde a cidade lusa.

Algunhas compañías como Go, Buzz ou Easyjet ofrecen voos baratos a Bilbao, Madrid, Barcelona ou Lisboa, pero soamente venden billetes a través de Internet ou por teléfono.

Tamén hai polo menos un barco de Brittany Ferries á semana, desde o porto de Plymouth ata Santander. Tarda 24 horas, o billete custa entre 47 e 82 libras (ida) e permite levar máis equipaxe que un avión. Tamén hai servicios desde Portsmouth (máis próximo a Londres) a Santander (30 horas) e a Bilbao.