2 ¿Onde vivir? ¿Campus o off-campus? Dependendo da Universidade, haberá plans interesantes en Studentenwohnheim (residencias de estudiantes) para graduados ou non. Para consulta-la oferta na universidade, que normalmente as presentan nun taboleiro. Na Freie Universität Berlin a oficina está situada en Thielallee 38, 14195 Berlin, Zi. 104. En Alemaña é normal compartir piso con máis xente. En diarios como Zweite Hand: Inmobilien Markf, os sábados, e noutros locais baixo a sección Wg: Wohnungsgemeinschaft, pódense ver moitas ofertas. Unha vez que o tema da vivenda está resolto cómpre rexistrarse (Anmeldebestätigung) nunha oficina que se chama Landeseinwohneramt e que depende da policía. Estas oficinas atópanse distribuídas por barrios. |