2 Seguros Médicos A bolsa da Fundación inclúe un seguro médico, pero non cobre tódolos requisitos necesarios para ser admitido como seguro de estudiante. É mellor leva-lo documento E-111, que se solicita na Seguridade Social española. Unha vez en Alemaña lévase o documento á oficina de AOK (Seguridade Social alemana) e emite un certificado para poder rexistrarse na universidade sen problemas. Este documento debe ser renovado cada tres meses. No caso de non te-la opción do E-111 (xente con pais xubilados, desempregados ou con outro tipo de seguro tipo Muface) deberías contrata-lo seguro da OAK para estudiantes, que custa uns 75 marcos ó mes e ten unha boa cobertura. |