1
Rexistrarse no consulado ou embaixada de España

É obrigatorio rexistrarse no consulado ou embaixada dentro dos quince días seguintes á chegada ós Estados Unidos. Pero ademais é interesante estar rexistrado polas seguintes razóns:
  • Para renovar ou reemplazar un pasaporte no día (se non se está rexistrado tárdase moito máis).
  • Levar de volta a Galicia as cousas que comprases en Estados Unidos como un coche, un ordenador, …
  • Solicita-lo subsidio do emigrante retornado, se estiveches traballando e volves a Galicia.
  • Votar por correo.
  • Varios consulados envían boletíns culturais mensuais, con listados da actividade cultural española.
  • Poden chamarte para algunha recepción na embaixada ou consulado.

O primeiro ano, ó chegar, un estará rexistrado como "transeunte". Despois dun ano de estar nesa situación, o estatus cambia ó de "residente". É responsabilidade do estudiante cambiar o estatus á residente. Existe unha nova lexislación sobre o tema e posiblemente cambiará un pouco.

O Consulado Xeral de España en Berlín, que xeralmente abre só polas mañás, está na Steinplatz 1, d-10623 Berlín e o seu teléfono é +49 (0)30 2616081.