1
Papeleo

Antes de regresar a Galicia terás unha morea de formalidades que cumprir, entre as que destacan:

  • Proporcionar á túa Universidade o enderezo onde vas vivir, para que che envíen o título ou calquera outra comunicación.
  • Contactar coas compañías telefónicas, de electricidade, etc. para cancela-lo seu servicio.
  • Cancela-la conta do banco e das entidades emisoras de tarxetas de crédito.
  • Ir pedir a correos que reenvíen o teu correo a casa dun amigo de confianza, en calquera sitio dos Estados Unidos.
  • Pedi-la baixa consular, en caso de que volvas a España, ou pedir que che trasladen a documentación a outro consulado se vas vivir fóra de España. Esta baixa consular será necesaria para pasa-la alfándega con ordenadores, coches ou outro material que teñas que declarar.
  • Pedirlle ó propietario a túa fianza, se deixaches algún depósito.
  • Cancelar ou facer cambios coas revistas e servicios ós que esteas subscrito.
  • Empezar a enviar caixas coas túas cousas por correo ou compañías privadas, xa que tarda como mínimo un mes.
  • Vender mobles, libros, o coche e demais cousas que non vaias levar contigo de volta a casa.