3
Información sobre Universidades

Os requisitos de admisión dependen da Universidade e do tipo de titulación que se queira obter. Para estudios doutorais o tema do idioma non é un problema xa que basta con que o director da tese escriba unha carta admitíndote. No caso de estudios de licenciatura requírese o nivel Mittel stufe I do Goethe Institut.

En xeral, ó matricularse hai que leva-la proba de acceso á universidade e títulos académicos traducidos ó alemán. Isto pódelo facer na Embaixada alemana en España, nos consulados ou nas institucións españolas en Alemaña. As taxas de matrícula son duns 160 marcos por trimestre.

Varias universidades alemanas, como a Freie Universität, Humboldt-Universität, Hochschule der Künste e Technische Universität de Berlin, a Universität de Potsdam ou a Fernuniversität Hagen, ofrecen un completo servicio de información na rede.

No organismo DAAD (Deutscher Akademischer Austauschdienst) informan sobre cursos de posgrao e outro tipo de posibilidades. O seu enderezo en Bonn é:

DAAD
Kennedyallee 50, D-53175 Bonn
Tfno +49 (0)228882-0
Fax +49 (0)228882 444