1 ¿Cómo levar diñeiro a Alemaña? As tarxetas de crédito tipo VISA, MasterCard, American Express e as tarxetas Maestro (4B) o co símbolo EC funcionan nos caixeiros (Geldautomaten). Normalmente ó retirares o diñeiro cunha tarxeta emitida por outro banco cobran unha pequena comisión, polo que convén retirar máis cantidade con menos frecuencia. Tamén e conveniente levar algo en efectivo ou cheques de viaxe para os primeiros días, por si a caso a tarxeta non funciona. Existe a posibilidade de cambiar en case tódalas grandes estacións de tren e aeroportos ó cambio estándar. O máis recomendable a longo prazo é abrir unha conta ó chegar á cidade de destino. Os bancos normalmente ofrecen un paquete para estudiantes, con tarxetas de débito e crédito, por un prezo de mantemento baixo (uns 7 Euros por trimestre na entidade Sparkasse, existente en toda Alemaña). |